APRENDE A VOAR EN BOAS MANS

Curso en Galicia coa Escola Deportiva CPFerrol

Voar en parapente é divertido, sinxelo e seguro.

¿En qué consiste o curso de parapente?

O noso curso de parapente en Galicia non é só de iniciación: é un curso completo, porque cremos que para voar ben e con total seguridade, se necesitan tódolos coñecementos. Por iso inclúe todo o que noutras escolas se divide en iniciación, perfeccionamento e avanzado.

A Escola Deportiva do Club Parapente Ferrol ofrece un plan integral de aprendizaxe para voar en parapente.  É un plan, xa que está estructurado e tén uns contidos progresivos que garanten ó alumno ou á alumna que vai desenvolver a súa actividade aérea con seguridade e control. É integral porque abarca coñecementos teóricos e prácticos, que van dende a iniciación máis básica ata os conceptos avanzados do voo libre.

  • Técnicos deportivos titulados
  • Equipos modernos e revisados
  • Zonas específicas para alumn@s
  • Seguro federativo e privado da Escola
  • Clases teóricas e prácticas
  • Seguimento por radio
  • Seguimento individualizado
  • O nivel 5 non corresponde ó curso senón ó desenvolvemento posterior das capacidades de voo.
  • Cando a túa ficha técnica teña todas as X cubertas, xa estarás preparad@ para voar de xeito autónomo
Curso escuela parapente Galicia

O COMEZO

Debes consultar as prazas de cada convocatoria de curso para saber cándo podes comezar. Non fai falla ter unhas condicións especiais para a práctica do parapente, pero é recomendable un estado de forma medio. O primeiro paso é facer un voo nun parapente bipraza, como pasaxeiro, acompañando a un dos técnicos deportivos que será quen pilote. Terás as primeiras sensacións reais co novo medio, o aire, e descubrirás se che aporta o que esperabas deste deporte. Unha vez sexas aceptado para iniciar o curso, tramitaremos a túa licencia e seguro e empezarás as prácticas. Un curso inclúe a lo menos 20 voos de altura e tódalas prácticas previas necesarias, así como as clases teóricas que abordan os temas de meteoroloxía, aeroloxía, equipamento, aerodinámica e plan de voo.

Pasos previos

  • Ficha de solicitude
  • Tramitación de licencia e seguro
  • Voo en bipraza como pasaxeiro
  • Primeiros conceptos teóricos
  • Primeiro contacto co equipamento
  • Levantar e controlar a vela
  • Plegado do equipo
  • Saltos de baixa cota (ou de “galiña”)
  • Perfeccionamento do despegue e da aterraxe
  • Voos de altura
  • Perfeccionamento das aproximacións
  • Toma de decisións sinxelas
Curso escuela parapente Galicia

Despegamos… 3, 2, 1…

O equipamento necesario para as prácticas consta de botas de montaña que protexan os nocellos, roupa cómoda e guantes. Ademáis son precisos os seguintes elementos técnicos: casco integral de parapente, emisora, silla de iniciación ó voo e parapente nivel A (iniciación) en perfecto estado e axeitado ó talle d@ alumn@. Estes elementos pódelos aportar ti ou empregar os da escola para as primeiras clases de campa. Somos un dos poucos Clubs de España que contamos con porosímetro JDC MKII para medir o estado do tecido das velas. As primeiras prácticas comezan co coñecemento do equipo e o xeito correcto de erguer e controlar o parapente. Ó final de cada sesión, recóllese e prégase, deixándoo preparado para a seguinte práctica. Normalmente estas primeiras prácticas teñen lugar en campas con suave inclinación, como algunha das existentes en Ferrol, As Pontes de García Rodríguez ou en Monte Comado (Barreiros). As seguintes prácticas inclúen pequenos voos de baixa cota ou “saltos de galiña” para practicar despegues e aterraxes antes de lanzarse ós voos de altura.

Primeiros voos de altura

Os voos propiamente ditos adoitan ter lugar nas nosas zonas de voos de escola. Son sitios con moita seguridade, ideais para ir desenvolvendo a capacidade de controlar o parapente no aire e aprender a tomar decisións sinxelas. @s alumn@s/pitiñ@s levan sempre contacto por radio con dous técnicos deportivos e teñen indicacións claras e precisas sobre cada unha das prácticas que van realizar.

ponzosdespegue

Escola Deportiva C.P.Ferrol: a escola de parapente máis segura de toda Galicia.

Sesións

O curso adoita prolongarse entre 8 e 20 convocatorias (sesión ás que se convoca ó alumno ou á alumna para as prácticas) pero estas dependen da meteoroloxía. Polo tanto, o curso non tén unha duración cronolóxica predeterminada.

Todo incluido

Non existe un curso de iniciación, outro de perfeccionamento e outro de avanzado. Na nosa Escola existe o fime convencemento de que é preciso o coñecemento dos tres cursos para voar con seguridade, polo que se integran nun único curso, engadindo outros conceptos a maiores.

Pilot@s titulad@s

Contamos con sete técnicos deportivos e @s pilot@s veteran@s do Club para a aprendizaxe d@s nos@s alumn@s, tanto durante o curso como nas vindeiras etapas.

Exames

Cando remates o curso estarás preparad@ para presentarte con garantías de éxito ó exame federativo, que te capacitará como pilot@ de parapente.

mixescola

Apúntate xa e comeza a “pintar o ceo de cores” connosco

  • A seguridades empre en primeiro lugar
  • Moi bo ambiente nos despegues
  • Evolución controlada d@s alumn@s
  • Supervisión 100% de cada voo
  • Clases teóricas e prácticas
Escríbenos

En breve che contestaremos.

Copyright
Call Now Button
× Whatsapp